O BNG de Outes enche a rebentar a Casa da Cultura no seu mitin central

_MG_6525

O BNG de Outes encheu, por completo, o auditorio da Casa da Cultura. Máis de 300 persoas, das que moitas delas tiveron que permanecer de pé ao non haber suficientes cadeiras, achegáronse a apoiar a candidatura do BNG no seu acto máis forte.

No acto interviron os 5 primeiros postos da candidatura e falouse das máis de 110 propostas que recolle o programa de goberno que se publicará na rede nos próximos días.

Segundo palabras do noso número 2 e responsábel local, Anxo Núñez Fernández “É un orgullo estar hoxe aquí. Ningunha outra formación do noso concello enche a Casa da Cultura como a enchemos nós, ningunha” tamén fixo fincapé en que “Outes quere cambio máis que nunca. Dende que presentamos a candidatura en Outubro non pasou un día sen que recibíramos algunha mostra de apoio.” concluíu asegurando que “só faltan uns días para que por fin haxa un cambio real no noso concello. Só faltan uns días para que, co apoio da xente, o BNG abra un tempo novo en Outes.”.

A candidata á alcaldía, María Xosé Suárez Castro quixo profundizar no programa de goberno que, segundo explicou, está sustentado en dúas metas principais “Queremos asentar poboación e defender a nosa veciñanza.” asegurou que co apoio da xente “a partir do 26 de maio faremos avanzar Outes no bó camiño, con proxecto, con ilusión e coas ideas claras. Queremos un Outes con futuro, con emprego de calidade e con servizos sociais dignos.” rematou dirixíndose á veciñanza “Outes necesita un cambio, o BNG está disposto e ten gañas de asumilo con todas as consecuencias, agora só depende de vós”

_MG_6318_MG_6409WhatsApp Image 2019-05-11 at 11.11.09(1)

O BNG de Outes enche a rebentar a Casa da Cultura no seu mitin central