Novas
O novo goberno de Fran Calo atrasa o pago de facturas por valor de 20.978,38 € nos seus primeiros días de mandato
06/mar./2025
Os primeiros días do Partido Popular de Outes no goberno están a amosar claras eivas e improvisacións no seu xeito de xestionar as cuestións municipais. Tamén amosan unha gran hipocrisía con respecto á súa acción como forza da oposición nos últimos anos. Unha das cuestións que máis criticaron ao longo destes anos foi o período medio de pago a proveedores amosando, públicamente, unha suposta gran preocupación en diversas ocasións. Pola contra, nos primeiros días de goberno decidiron presentar unha emenda á aprobación do REC de febreiro pola que atrasaban o pago de factoras por valor de 20.978,38 €.