O novo goberno de Fran Calo atrasa o pago de facturas por valor de 20.978,38 € nos seus primeiros días de mandato

Captura de Tela 2025-03-04 às 16.13.23
Captura de Tela 2025-03-04 às 16.13.23
Os primeiros días do Partido Popular de Outes no goberno están a amosar claras eivas e improvisacións no seu xeito de xestionar as cuestións municipais. Tamén amosan unha gran hipocrisía con respecto á súa acción como forza da oposición nos últimos anos. Unha das cuestións que máis criticaron ao longo destes anos foi o período medio de pago a proveedores amosando, públicamente, unha suposta gran preocupación en diversas ocasións. Pola contra, nos primeiros días de goberno decidiron presentar unha emenda á aprobación do REC de febreiro pola que atrasaban o pago de factoras por valor de 20.978,38 €.
O novo goberno de Fran Calo atrasa o pago de facturas por valor de 20.978,38 € nos seus primeiros días de mandato

Os primeiros días do Partido Popular de Outes no goberno están a amosar claras eivas e improvisacións no seu xeito de xestionar as cuestións municipais. Tamén amosan unha gran hipocrisía con respecto á súa acción como forza da oposición nos últimos anos. Unha das cuestións que máis criticaron ao longo destes anos foi o período medio de pago a proveedores amosando, públicamente, unha suposta gran preocupación en diversas ocasións. Pola contra, nos primeiros días de goberno decidiron presentar unha emenda á aprobación do REC de febreiro pola que atrasaban o pago de factoras por valor de 20.978,38 €.


O voceiro do BNG de Outes declarou "parécenos unha maneira moi extraña de proceder retirar parte do REC no mesmo día no que se leva á súa aprobación. A excusa que esgrimen de levar poucos días no goberno é de mal estudante posto que tiveron a documentación durante 11 días para estudala e facer preguntas ao respecto. Son facturas que xa están conformadas polos servizos técnicos e que só precisaban do trámite de aprobación en pleno para proceder co seu pago". Engade que "esta primeira medida de Fran Calo na alcaldía implicará o atraso no pago de semanas se non meses nun lote de facturas importante. Isto amosa unha gran hipocrisía co dito ao feito ou, canda menos, unha gran incompetencia. Con isto preguntámonos, realmente lle importaba tanto ao PP o tempo medio de pago a proveedores como viñan dicindo?"


O voceiro do BNG engade que "no último ano período medio de pago a proveedores real era correcto e áxil só que o dato publicado estaba moi inflado debido a un lote de facturas da compañía eléctrica de anos anteriores que o goberno progresista decidiu paralizar debido á discrepancia cos importes logo dunha auditoría independente e estaba en proceso de negociación coa empresa para reducir o gasto ao axeitado." Conclúe asegurando que "O PP adicouse a facer oposición co tema das facturas porque non tiña propostas nin proxecto para Outes e, moi ao noso pesar, semella que vai seguir sendo a mesma situación no goberno."

O novo goberno de Fran Calo atrasa o pago de facturas por valor de 20.978,38 € nos seus primeiros días de mandato