O NOVO ALCALDE GOZARÁ DUNHA ADICACIÓN EXCLUSIVA PERO COMPATIBILIZARÁA CO SEU TRABALLO PREVIO COMA AUTONOMO COUSA QUE ELES MESMOS LLE RECRIMINABAN AO ANTERIOR ALCALDE, ALGO QUE TAMÉN PASARÁ CO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E BRIGADA DE OBRAS QUE TERÁ UNHA ADICACIÓN PARCIAL DO 90%.
O goberno do PP aumenta o gasto político en Outes

O vindeiro martes debatiráse en sesión extraordinaria a proposta de salarios e aumento do gasto político que propón o novo goberno do PP co concelleiro tránsfuga do PSOE. O BNG denuncia as maniobras deste novo goberno para aumentar o gasto político de xeito disimulado recuperando unhas comisións semellantes ás que noutros concellos o tribunal de contas declarou como irregulares.
O novo alcalde gozará dunha adicación exclusiva pero compatibilizaráa co seu traballo previo coma autonomo cousa que eles mesmos lle recriminaban ao anterior alcalde, algo que tamén pasará co concelleiro de Medio Ambiente e Brigada de Obras que terá unha adicación parcial do 90%.
Isto amosa unha clara hipocrisía e xogo sucio por parte do Partido Popular que nos últimos anos se adicou a atacar ao goberno progresista de Outes calificándoo coma "o goberno máis caro da historia" cando son eles mesmos os que veñen a aumentar o gasto político. Desmontan eles mesmos os mantras cos que tentaron xustificar a moción de censura e suman un engano máis á veciñanza metendo no seu goberno ao concelleiro tránsfuga con salario ao que o alcalde se referiu no pleno ordinario celebrado dous días despois da moción como "que nunca dixeron que o ían meter no goberno" negando a maior.
Dende o BNG queremos informar á veciñanza e denunciar a hipocrisía e enganos do Partido Popular. "Nós, pola contra, dende a oposición seremos a alternativa de goberno que Outes precisa e farémolo en positivo e de xeito constructivo." conclúe o noso voceiro municipal, Anxo Núñez Fernández.
