O novo goberno de Fran Calo está como polo sen cabeza

Captura de Tela 2025-03-04 às 16.13.23
Captura de Tela 2025-03-04 às 16.13.23
No pleno ordinario deste xoves, logo de prosperar a moción de censura, o novo alcalde de Outes confesou non ter organizado previamente as concellarías do executivo, amosando unha clara improvisación e división interna, e negan a maior dicindo que nunca dixeron que Tono Caamaño ía formar parte do goberno cando o propio PP saíu a defender esa posibilidade xurídica na prensa.
O novo goberno de Fran Calo está como polo sen cabeza

No pleno ordinario deste xoves, logo de prosperar a moción de censura, o novo alcalde de Outes confesou non ter organizado previamente as concellarías do executivo, amosando unha clara improvisación e división interna, e negan a maior dicindo que nunca dixeron que Tono Caamaño ía formar parte do goberno cando o propio PP saíu a defender esa posibilidade xurídica na prensa.

O voceiro do grupo municipal do BNG de Outes, Anxo Núñez, lamenta "a improvisación e falta de responsabilidade coa que o PP e Fran Calo chegan á alcaldía de Outes." Sinala a diferenza co anterior goberno remarcando que antes de chegar á investidura de Manuel González xa había asinado e publicado para a cidadanía un acordo de goberno cos obxectivos, concellarías e demais aspectos da coalición. O novo alcalde criticáballe ao goberno anterior unha suposta falta de transparencia pero, logo de ser preguntado por isto, asegurou que tiñan outras prioridades e que agora non tiñan previsto facer público o acordo mesmo dando a entender que non estaba pechado.

O voceiro municipal do BNG indica "que todo apunta a que o novo goberno nace xa con división interna. Entrar sen ter repartida a carga de traballo é unha irresponsabilidade. Non é aceptable nin eficiente que todos os concelleiros do PP estean a todo e que se anden a pisar os uns aos outros."

O novo goberno de Outes comeza a súa andadura dividido, enganando e ocultandolle á veciñanza o seu pacto de goberno co concelleiro tránsfuga. Dende o BNG pedimos que respecten á veciñaza e sexan transparentes.

Vídeo da pregunta e resposta no pleno:

O novo goberno de Fran Calo está como polo sen cabeza