BASTA XA DE MANIPULACIÓNS E MENTIRAS DO PARTIDO POPULAR

Fran Calo certifica nun documento oficial a boa situación económica do concello pre-moción de censura

A veciñanza merece un debate público limpo e construtivo. O PP de Outes insiste en falsedades ou manipulacións sobre a situación económica saneada do Concello para xustificar a súa moción de censura e inacción no goberno.

📊 Os datos oficiais do Plan Económico-Financeiro do último pleno, elaborado polo servizo de intervención e asinado polo propio Fran Calo, din o contrario do que divulgan e elevan a titulares de prensa. Estes son os resultados do exercicio anterior 2024:
✅ Resultado orzamentario axustado: +101.414,84 €
✅ Remanente de tesourería para gastos xerais: +492.637,95 €
✅ Aforro neto: +177.363,86 €
✅ Endebedamento: 11,08 % (Creado polo Partido Popular entre o 2015 e o 2019)
❕O propio concello conclúe, neste mesmo documento asinado por Fran Calo, que "Estes parámetros poñen de manifesto a situación económica do Concello,
dan unha imaxe do saneamento en xeral da entidade"
💬 “O PP de Outes non ten proxecto para Outes nin seriedade. Adícanse a manipular en lugar de traballar para mellorar a vida da veciñanza”, afirma o voceiro do BNG, Anxo Núñez Fernández.
👉 Dende o BNG seguiremos traballando con responsabilidade e propositivamente, por moito que o PP se adique a embarrar o debate.

🔍 O informe completo, asinado por Fran Calo, pódese consultar na seguinte ligazón da sede electrónica. Os datos principais están nas dúas últimas páxinas (páx. 27), no apartado de CONCLUSIÓN E OBXECTIVO. Tamén destacamos o seguinte parágrafo da páxina 13 onde se indica a débeda asumida polo PP e a súa natureza:
Malia que a 31/12/2024 e na actualidade o Concello de Outes non ten débedas pendentes de reembolso con entidades financeiras por operacións de préstamo nin, en xeral, de endebedamento financeiro, nin a curto nin a longo prazo, si existen 3 préstamos sen xuros pendentes de devolverlle á Deputación Provincial da Coruña por importe total de 627.366,81 €, outorgados ao abeiro dos “Plans de aforro e investimentos” PAI 2015 e 2016 e POS+ 2017. Pola concesión destes préstamos o Concello de Outes non debe aboarlle xuros ao ente provincial.

INFORME COMPLETO (PREMER AQUÍ)

Fran Calo certifica nun documento oficial a boa situación económica do concello pre-moción de censura