O BNG TRABALLA PARA CONSEGUIR O GOBERNO DE OUTES CUN PROXECTO SERIO, AMPLO E AMBICIOSO NO QUE LEVA TRABALLANDO CONSTANTEMENTE AO LONGO DESTES ANOS.

Anxo Núñez Fernández será o candidato á alcaldía de Outes nas eleccións do 2023

Foto de cartel_ candidato
Foto de cartel_ candidato

A asemblea local do BNG de Outes vén de escoller a Anxo Núñez Fernández coma candidato á alcaldía do concello para as eleccións municipais de maio do 2023. O BNG traballa para conseguir o goberno de Outes cun proxecto serio, amplo e ambicioso no que leva traballando constantemente ao longo destes anos.

Anxo Núñez Fernández será o candidato á alcaldía de Outes nas eleccións do 2023

A asemblea local do BNG de Outes vén de escoller a Anxo Núñez Fernández coma candidato á alcaldía do concello para as eleccións municipais de maio do 2023. O BNG traballa para conseguir o goberno de Outes cun proxecto serio, amplo e ambicioso no que leva traballando constantemente ao longo destes anos.

En palabras do candidato: “Queremos un concello cun plan de mantemento eficaz, que aposte por crear vivenda pública para aumentar o número de veciños e que leve adiante iniciativas que estimulen a creación de emprego en Outes e na comarca." "Aspiramos a liderar un goberno serio para traballar nas solucións aos problemas de raíz do noso concello mais tamén sacando adiante o traballo diario da maneira máis eficaz posible. En definitiva, facer que Outes comece a avanzar." “Asumo a candidatura á alcaldía de Outes con toda a forza, ilusión e responsabilidade coa que traballei sempre. Todos estes anos construíndo unha alternativa de goberno serio e as máis de 30 mocións e centos de rogos e preguntas respaldan o noso proxecto para gobernar este concello. Confiamos no potencial de Outes e queremos gobernar para avanzarmos xuntos dunha vez por todas, para termos un concello que aposte polo seu e se convirta noutro referente do bo facer coma Mazaricos, Allariz ou Pontevedra.

“Quero agradecer á asemblea local o seu apoio e todo o traballo destes anos, en especial a María Xosé Suárez Castro pola súa intensa labor á fronte desta organización todo este tempo.”Dentro dos obxectivos principais que se marca o BNG están a elaboración dun plan de saneamento integral das augas residuais, a mellora na xestión do lixo, o coidado e correcto manemento dos espazos públicos, o reforzo nos servizos sociais, a humanización completa de rúas e lugares, o asentamento poboacional e a creación de oportunidades económicas.

O concello de Outes é o máis afectado polo despoboamento na nosa contorna e precisa de medidas eficaces e contundentes para frealo. O BNG quere levar adiante a creación de vivenda pública e unha bolsa de vivenda para que haxa alternativas dignas e económicas para a emancipación da xuventude no concello. Sen vivendas dispoñibles para o alugueiro dificilmente pode aspirar a medrar ou manterse un pobo que nos últimos dez anos perdeu máis de mil habitantes. Dende o BNG entendemos que a creación de oportunidades económicas pasa polo apoio ao comercio local, a creación dun plan de turismo sostible que asegure unha desestacionalización do sector e uns maiores beneficios para a veciñanza, a creación dun parque empresarial con todas as garantías legais e unha visión comarcal ambiciosa. Entendemos que sería unha gran oportunidade para a nosa ría, mais tamén para Outes, a adquisición, por parte da Xunta, da fábrica de Calvo en Esteiro para o peche produtivo do marisqueo en quilómetro cero.

Proba diso son as moitas iniciativas que levou a organización a pleno durante estes anos. De todas elas xa son unha realidade ou están en vías de selo: o arranxo da escola de Tarás, do club Taxamar, o arranxo e adecentamento de todos os paseos municipais, a creación duns baños públicos en Broña, a creación da primeira vivenda pública de Outes ou a creación dunha sala de ensaio musical aberta

Anxo Núñez Fernández será o candidato á alcaldía de Outes nas eleccións do 2023