CO, BNG E PSOE ASINARON UN ACORDO DE GOBERNO HISTÓRICO PARA OUTES

O BNG formará parte, por vez primeira, do goberno de Outes

Imaxe dos concelleiros de CO, BNG e PSdG
Imaxe dos concelleiros de CO, BNG e PSdG
As tres forzas de progreso vimos de asinar o acordo de goberno de coalición para darlle a Outes un bo e estable goberno os vindeiros catro anos.
O BNG formará parte, por vez primeira, do goberno de Outes

A xente de Outes votou en chave de progreso, co apoio de máis do 53% ás forzas de esquerdas, dándonos o mandato de chegar a acordos para facer un goberno de unidade entre Compromiso Outes, BNG e PSOE. Asumimos esta responsabilidade asinando un acordo programático de consenso que favorecerá o desenvolvento do noso concello e a mellora na calidade de vida das persoas que nel vivimos. O 7 de xullo constituiráse a nova corporación e abriremos un tempo novo no noso concello.

O BNG terá a primeira tenecia de alcaldía e asumirá as competencias en materia de Cultura, Festas, Xuventude, Mobilidade, Comunicacións, Turismo e Patrimonio. O BNG tamén participará da elaboración e seguimento de obras dos proxectos de humanización, melloras de vías e espazos públicos dos núcleos de poboación. Podes ver aquí as declaracións do noso voceiro á hora de asinar o acordo:

VIDEO

Podes ler aquí o acordo de goberno:

 

 

O BNG formará parte, por vez primeira, do goberno de Outes