O BNG TRABALLA PARA CONSEGUIR O GOBERNO DE OUTES CUN PROXECTO SERIO, AMPLO E AMBICIOSO NO QUE LEVA TRABALLANDO CONSTANTEMENTE AO LONGO DESTES ANOS.

O BNG de Outes presenta a súa candidatura para liderar o goberno e abrir un tempo novo en Outes

candidatura_2023_01_02
candidatura_2023_01_02

O BNG de Outes vén de facer pública a súa candidatura completa. Un total de 22 persoas, 11 homes e 11 mulleres, fan parte da lista do BNG en Outes para as eleccións municipais do 28 de maio. Logo de anunciarse a Anxo Núñez Fernández coma candidato á alcaldía en decembro, a organización fixo un intenso traballo para confeccionar o mellor equipo posible para dar forma ao goberno que Outes precisa.

Unha candidatura que combina o saber facer de 9 candidatas con ampla experencia e veteranía no BNG xunto coa forza e ideas novas dunha gran ampliación con 13 novas compañeiras. O BNG é un equipo forte e cohesionado que ten un proxecto claro de futuro para o noso concello e ten a paixón para levalo adiante.

En palabras de Anxo Núñez “O BNG sae a por todas. A partir deste 28 de maio queremos liderar o goberno de Outes para sacálo da súa parálise e comezar a convertirnos nun referente de boa xestión”. “Temos o equipo perfecto, o proxecto e as ganas para podermos asegurar que o BNG é a única alternativa que pode garantir un goberno aberto a toda a veciñanza e que realmente atenda as necesidades do noso territorio.” Engadiu que “Nestas eleccións só hai dúas opcións: seguir no inmovilismo e na decepeción da última década ou apostar polo cambio transformador do BNG en Outes.” Finaliza “Levamos tempo recibindo moitas mensaxes de apoio e ilusión. O BNG está en moi bo momento e estamos seguros de que nestas eleccións imos dar a sorpresa en Outes.”

A nosa número 2, Sol Agra, engade “En Outes témolo todo, precisamos coidar o que está feito e escoitar o que precisa a xente que vive aquí. Temos unha visión de como queremos que sexa o noso concello que inclúe proxectos novidosos e con futuro, pero sen esquecer que o primeiro é ter as estradas sen baches e as cunetas rozadas”

O BNG non se para no personalismo e ofrece un equipo traballador e cohesionado que o dará todo, e máis, para que nas vindeiras eleccións de maio Outes abra un tempo novo.

Candidatura Outes 2023
Candidatura Outes 2023
O BNG de Outes presenta a súa candidatura para liderar o goberno e abrir un tempo novo en Outes