Xuntanza aberta para autónomos e empresarios con necesidade de solo industrial

cartaz_empresarios_chanindustrial

O BNG de Outes xuntaráse cos autónomos e empresarios que teñen necesidade de solo industrial este xoves, 22 de novembro, ás 20:30 na Casa  Amanda.

Xuntanza aberta para autónomos e empresarios con necesidade de solo industrial

O BNG de Outes manterá unha xuntanza aberta cos autónomos e empresarios que teñen necesidade de solo industrial este xoves, 22 de novembro, ás 20:30 na Casa  Amanda.

Dende a nosa formación levamos anos denunciando que o noso concello non dispón dende o 2011 de solo industrial e, por culpa disto, moitas empresas e iniciativas económicas que poderían xerar emprego teñen que buscar outro municipio para desenvolver a súa actividade.

Sabemos da necesidade que teñen moitos empresarios e autónomos, que aínda non abandonaron o noso municipio, de ter solo industrial onde poder, ou ben expandir ou ben sitúar correctamente a súa actividade económica. Non é aceptábel que sigan pasando os anos e non exista ningunha iniciativa por parte do goberno local para arranxar esta situación.

Dende o BNG seguiremos loitando para que en Outes poida haber futuro económico e empregos de calidade. Por iso creemos que é necesario, canto antes, delimitar unha área, seguindo os procedementos necesarios, para crear un parque empresarial onde as iniciativas que ate o momento non se podían instalar ou trasladar das naves xa existentes, teñan un lugar competente e idóneo para o seu desenvolvemento.

Na xuntanza trasladaremos outras iniciativas e propostas e tamén escoitaremos todas as opinións e preocupacións do sector.

Xuntanza aberta para autónomos e empresarios con necesidade de solo industrial