O GOBERNO DO PP LEVA ANOS SEN FACER NADA AO RESPECTO PARA ARRANXAR UNHA SITUACIÓN PREOCUPANTE PARA A VECIÑANZA.

O BNG de Outes insta ao goberno local a tomar acción no abandono do Hotel de Broña

exp

A asemblea local do BNG de Outes ven de presentar no concello unha solicitude para que o goberno do PP emprenda accións para arranxar a situación de total abandono na que se atopa o inmoble do antigo hotel de Broña.

Xa no 2017 presentaramos unha solicitude pedindo o mesmo. Consideramos que ao ser un edificio en primeira liña de praia e emprazado no punto turístico de maior afluencia no noso municipio é inaceptábel que se atope nunha situación tan desastrosa. O edificio está rodeado de hedras que supoñen un criadeiro de sucidade perigoso para a salubridade da zona.

O descontento entre a veciñanza é notorio e tamén a imaxe que esta situación provoca é enormemente negativa para o noso municipio. Lembramos que a alcaldesa ultimamente fachendeaba sobre o enorme traballo que estaba a facer o goberno do PP para que o concello estivese limpo e accesíbel. Dende o noso grupo creemos que a alcaldesa debe cumprir dunha vez por todas coa sua palabra para arranxar os problemas de Outes.

Por iso solicitamos que se emprendan accións para a adecuación do inmoble e de non ser así que o goberno local dea explicacións á veciñanza.

O BNG de Outes insta ao goberno local a tomar acción no abandono do Hotel de Broña