bng
Novas

O BNG de Outes celebrará, este sábado, unha mesa redonda sobre a tarifa eléctrica galega e os novos parques eólicos do concello

Dende o BNG de Outes convidamos a toda a veciñanza a participar na mesa redonda que terá lugar este sábado, 13 de Abril, ás 20:30 na aula da Casa da Cultura. Falaremos sobre a necesidade dunha tarifa eléctrica galega que abarate o recibo da luz xa que nós somos quen producimos e tamén sobre os 7 parques eólicos que se planean desenvolver no noso término municipal.

Ler novas
Novas

Sobre a oficina de turismo en Outes

Ao concello de Outes acaba de aprobarlle, a Deputación da Coruña, unha subvención de 18.160 euros, para a contratación de persoal para información turística. É unha subvención que se leva convocando moitos anos e que o noso concello nunca solicitara a pesares da insistencia dos hostaleiros, este ano alegrámonos de que nos fixera caso. 

Ler novas