O BNG de Outes celebrará, este sábado, unha mesa redonda sobre a tarifa eléctrica galega e os novos parques eólicos do concello

Dende o BNG de Outes convidamos a toda a veciñanza a participar na mesa redonda que terá lugar este sábado, 13 de Abril, ás 20:30 na aula da Casa da Cultura. Falaremos sobre a necesidade dunha tarifa eléctrica galega que abarate o recibo da luz xa que nós somos quen producimos e tamén sobre os 7 parques eólicos que se planean desenvolver no noso término municipal.

O BNG de Outes celebrará, este sábado, unha mesa redonda sobre a tarifa eléctrica galega e os novos parques eólicos do concello

Dende o BNG de Outes convidamos a toda a veciñanza a participar na mesa redonda que terá lugar este sábado, 13 de Abril, ás 20:30 na aula da Casa da Cultura. Falaremos sobre a necesidade dunha tarifa eléctrica galega que abarate o recibo da luz. xa que nós somos quen producimos, e tamén sobre os 7 parques eólicos que se planean desenvolver no noso término municipal.

Consideramos de gran importancia este acto xa que durante todos estes meses, dende que se publicou a intención de crear 7 parques eólicos en Outes, o goberno local do PP estivo completamente ausente e incumpriu totalmente coa súa obriga de informar e defender a súa veciñanza. Dende o BNG tentaremos abrir luz sobre esta situación ao mesmo tempo que queremos deixar claro que nós defenderemos sempre os intereses dos nosos veciños, custe o que custe.

No acto intervirán:
    -María Xosé Suárez Castro — Candidata á alcaldía
    -Anxo Núñez Fernández — Número 2 e responsábel local
    -Xosé Manuel Golpe Acuña — Consultor enerxético
    -Juan José Blanco Riveiro — Alcalde de Mazaricos

O BNG de Outes celebrará, este sábado, unha mesa redonda sobre a tarifa eléctrica galega e os novos parques eólicos do concello