Sobre o derrubo dunha vivenda abandonada na Pontenafonso

Derrubo casa abandonada en Pontenafonso

O derrubo a fin de semana pasada dunha vivenda abandoada na Pontenafonso é a metáfora do que está a acontecer co goberno local de Outes.

Sobre o derrubo dunha vivenda abandonada na Pontenafonso

Nestes últimos meses, o BNG de Outes ven pondo de manifesto toda unha serie de problemas e carencias existentes no noso Concello, moitos deles competencia directa da administración local e outros que requirirían do seu concurso para unha solución satisfactoria.

O acaecido a fin de semana pasada en Pontenafonso, co derrubo dun inmoble abandonado, afectando a unha propiedade colindante, ante a ausencia de resposta por parte do goberno local, logo de ter sido demandada polos veciños, pon de manifesto, unha vez máis, que Beatriz Molinos está na Alcaldía de Outes facendo bo aquel refrán español que dí “vengan días y caigan panes”. É dicir, estar por estar, e que os problemas se arranxen sos, si é posible, e senón que podrezan. 

Ou temos que dicirlle nós ao goberno local que ante situacións coma a demandada previamente ao derrubo do inmoble, hai accións que toda administración local debe tomar? 
 
Que non pense a Alcaldesa de Outes que o seguidismo lle vai ser abondo para volver a acceder á presidencia da corporación municipal, nin as visitas periódicas de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, e dos distintos conselleiros e conselleiras do goberno galego van a resolver unha falta clamorosa de atención aos veciños e veciñas, coma fica palmariamente demostrado co derrubo do inmoble de Pontenafonso.

Desde o BNG temos claro que seguiremos traballando para que a partires do 26 de maio o Concello de Outes non siga na deriva de abandono total na que nos atopamos actualmente.
 

Sobre o derrubo dunha vivenda abandonada na Pontenafonso