[VÍDEO] O BNG de Outes demanda saneamento íntegro e de calidade

Captura de Tela 2019-01-17 às 21.09.56

Queremos un concello que teña un saneamento das augas en condicións.

[VÍDEO] O BNG de Outes demanda saneamento íntegro e de calidade

O BNG de Outes estivo este xoves no Freixo resaltando a necesidade dun saneamento integral e de calidade. María Xosé Suárez Castro, candidata á alcaldía, denunciou que nos últimos días varios veciños da ribeira do Freixo foron testemuñas, e así o recolleron en vídeo, dunha serie de vertidos de cor branca intensa.

Levamos anos pedindo que se tomen medidas para evitar este tipo de situacións xa que se leva demasiado tempo sen avanzar, nin o mais mínimo, neste eido. María Xosé tamén declarou que “O saneamento é vital para coidar o benestar do medio ambiente da nosa ría.” e “Isto non é só unha cuestión de natureza, que xa de por sí é mais que importante, se non que tamén se trata da defensa de milleiros de empregos directos ou indirectos que dependen da riqueza que produce a nosa ría.”

Modesto Molinos, mariscador e número 4 da nosa candidatura, declarou que “só na ribeira do Freixo hai entre 10 e 20 sumidoiros contaminantes que verten, sen parar, directamente á ría”.

Esta non é a única acción que fixo o BNG nos últimos meses sobre o saneamento e limpeza da ría. Xa en decembro do 2018 incluímos, aos orzamentos da Xunta, unha emenda por valor dun millón de euros para o saneamento da ría. Unha emenda que, por desgraza, nos vemos obrigados a incluír ano tras ano xa que sempre é denegada por parte do PP.

O BNG tamén aproveitou para reclamar que portos, a autoridade competente, retire os barcos vellos e abandonados que depositaron na pendente mais próxima á lonxa fai mais de dous meses e que seguen amoreados e podrecéndose á vista de toda a veciñanza.

[VÍDEO] O BNG de Outes demanda saneamento íntegro e de calidade