[Vídeo] O BNG de Outes lanza unha campaña de apoio ao comercio local

DSC_6620_00001

O BNG lanza a campaña "Merca en Outes, apoia o comercio local." para por en valor a economía do noso pobo.

[Vídeo] O BNG de Outes lanza unha campaña de apoio ao comercio local

O BNG de Outes ven de anunciar a súa campaña para por en valor o comercio local. Co nome de “Merca en Outes” e o sublema “Apoia o comercio local”, o BNG pretende concienciar da importancia que ten este sector para a economía local. O cartel conta cun deseño sinxelo pero efectivo no que podemos ollar un comercio e a figura do Apalpador ou Pandingueiro mercando.

Dende a nosa formación política temos ben claro que debemos apoiar e camiñar da man do comercio local para mellorar o benestar da nosa veciñanza. O comercio local, de proximidade, é un dos factores económicos que mais inflúen na economía circular e que, por tanto, mellor revirte na sociedade. Por desgraza no noso pobo moitas veces se ten ao comercio local coma unha segunda opción cando non debería ser así.

A nosa campaña está encamiñada na posta en valor dos produtos locais así coma o comercio de proximidade que moitas veces fica desamparado polo concello. É mais preciso ca nunca que as institucións públicas se involucren no desenvolvemento económico local e que poña en valor o seu funcionamento así como axudas á disposición de quen as precise.

Se ben é certo que é unha campaña de concienciación, as nosas propostas para o comercio local non rematan aquí. Isto, en comparación, quedaría nunha declaración de intencións. Dende o BNG temos moitas propostas e iniciativas para arranxar os problemas que afectan ao sector así coma a firme convicción e intención de traballar conxuntamente para mellorar a súa situación.

[Vídeo] O BNG de Outes lanza unha campaña de apoio ao comercio local