O BNG CONCÉNTRASE NO FREIXO PARA ESIXIR A COMPLETA REXENERACIÓN DA RÍA.

O BNG concéntrase no doque Freixo para esixir a completa rexeneración da ría

486d79ad-6658-439d-9c97-3d34b4582b40
Imaxe do acto simbólico no Freixo

O BNG concentrouse o pasado domingo no doque do Freixo para esixir a completa rexeneración da ría e tamén para denunciar o estado noxento no que se atopa o noso doque.

O BNG concéntrase no doque Freixo para esixir a completa rexeneración da ría

O BNG celebra este Dia Mundial do Medio Ambiente cun acto simbólico-reivindicativo a nivel comarcal, no doque da ribeira do Freixo. Este espazo dexenerado, como se pode aprezar no seguinte video, non é máis que un pequeno exemplo da situación de abandono e degradación na que se atopa a nosa ría.

Aprobeitamos tamén para denunciar o estado noxento no que se atopa o doque do Freixo, un punto histórico da nosa ribeira que a día de hoxe se atopa cheo de fango e barcos podres. Un sitio tan contaminado e abandonado que a veciñanza xa lle alcuman "o cemiterio".

O medio natural do noso país está a padecer un continuado deterioro que é urxente reverter. A conservación do medio ten grandes potencialidades económicas para impulsar un desenvolvimento sustentábel con que enfrentar a ainda non superada crise económica.

Canto á protección do noso mar e da nosa ría, o BNG entende que os recursos mariños teñen un valor estratéxico, tanto ambiental como económico, por iso a nosa prioridade será a sua defensa, a planificación do seu uso e a mellora do hábitat.

O BNG está pola planificación do uso do medio mariño e litoral, facendo compatíbel a actividade pesqueira coa conservación da biodiversidade.

Defendemos o fomento e uso racional e sustentábel da pesca de baixura e marisqueo, empregando entre outras medidas as reservas mariñas.

Vemos, iso si, a necesidade de de limitar e regular a acuicultura mariña industrial, tanto en terra como na agua.

Por último, é unha necesidade urxente o saneamento integral do litoral, ampliando e mellorando os sistemas de depuración existentes e rematando cos vertidos de aguas residuais sen depuración; control exhaustivo da contaminación mariña e da procedente de explotacións mineiras que supoñen un potencial perigo para a nosa ría, por carecer estas dos debidos medios anticontaminantes.

POR UNHA RÍA SANEADA, POR UNHA GALIZA DESCONTAMINADA, DENTRO DUN PLANETA LIBRE DE POLUCIÓN.

O BNG concéntrase no doque Freixo para esixir a completa rexeneración da ría