O BNG de Outes denuncia o abandono total do parque infantil da cruz
Dende o BNG de Outes non aceptamos este tipo de situacións e decidimos presentar unha solicitude para que se realicen os arranxos canto antes e dar a coñecer á opinión pública esta situación.
Nos pasados días unha veciña púxose en contacto co BNG para facernos saber do estado inaceptábel no que se atopa o parque infantil da cruz.
Tras varias visitas á alcaldía, a veciñanza fartouse de recibir largas e de non ver arranxos en ningunha parte. O goberno deste concello é plenamente coñecedor da situación e aínda así non fai nada para arranxalo.
As malas herbas nacen sen control por toda a area de xogo, o chan acolchado está levantado e calquera pode tropezar cos sobresaíntes, as cordas do xogo de trepar están podres e esnaquízanse con facilidade. Incluso podemos atopar unha farola na que a caixa de contactos está únicamente cuberta por cinta americana, ao alcance de calquera crianza supoñendo un grave perigo para as mesmas.
Dende o BNG de Outes non aceptamos este tipo de situacións e decidimos presentar unha solicitude para que se realicen os arranxos canto antes e dar a coñecer á opinión pública esta situación.