A INOPERATIVIDADE DO GOBERNO DO PP É CADA VEZ PEOR

O concello de Outes é incapaz de xestionar a retirada dunha colmea de Velutina

imaxe_redes_colmea
Imaxe da colmea

O concello de Outes non se encarga de xestionar a retirada dunha colmea de Velutina en espazo publico e encoméndalle a tarefa a unha veciña.

O concello de Outes é incapaz de xestionar a retirada dunha colmea de Velutina

Unha veciña dirixiuse nos últimos días ao BNG de Outes para denunciar a inacción total do goberno do PP de Outes na retirada dunha colmea de Velutina que se atopa no paseo fluvial da Serra de Outes, un espazo de titularidade pública.

A veciña dirixiuse en primeira instancia ao concello de Outes para informalo da existencia da colmea de Velutina en espazo público e pedir a súa retirada, porén, o concello en vez de xestionar a retirada da mesma respóndelle á veciña que se encargue ela e que chame ao 012.

Consideramos inaceptábel que o concello de Outes sexa incapaz de dignarse e realizar un par de chamadas para a retirada dunha simple colmea de Velutina e lle encomende un traballo que é competencia do concello a unha veciña.

Dende o BNG denunciamos unha vez máis o abandono total de Outes por parte do goberno do PP e presentaremos un escrito esixindo que o concello se encargue de xestionar dunha vez por todas da retirada da colmea de velutina, a cal supón un perigo para os viandantes.

O concello de Outes é incapaz de xestionar a retirada dunha colmea de Velutina