O BNG de Outes reclama ao concello que arranxe os camiños gandeiros de Valadares

WhatsApp Image 2017-12-14 at 16.20.13(2)
WhatsApp Image 2017-12-14 at 16.20.13(2)

O BNG de Outes presentou este martes unha solicitude no concello para demandar o arranxo de diversos camiños e bebedoiros públicos de uso agrícola da parroquia de Valadares que se atopan en total abandono.

O BNG de Outes reclama ao concello que arranxe os camiños gandeiros de Valadares

O BNG de Outes presentou este martes unha solicitude no concello para demandar o arranxo de diversos camiños e bebedoiros públicos de uso agrícola da parroquia de Valadares que se atopan en total abandono.

Vimos de recoller as queixas da veciñanza de Valadares e de visitar os espazos públicos para comprobar a actuación do concello nos mesmos.

Constatamos como a veciñanza leva anos reclamando unha mellora en diversos camiños de uso, principalmente, gandeiro polo que adoitan transcorrer tanto os diferentes animais da veciñanza coma a maquinaria pesada precisa para explotar o terreo. A día de hoxe é notábel que o concello non prestou atención á veciñanza e leva moito tempo sen actuar en ningún dos principais camiños da zona de Valadares, Campolongo e Guimarei.

Dita situación pon en grave perigo ao gando que a diario circula por estes camiños. O solo dos mesmos está cheo de buracos e pedras nas que, non só os animais poden romper as patas e mancarse gravemente, se non que tamén supoñen un risco para as persoas que pasean por alí ou a maquinaria agrícola.

Tamén puidemos recoller o estado no que se atopa un bebedoiro bobino instalado polo concello que actualmente está en avanzado estado de abandono, así coma unha finca de titularidade pública infestada de silvas, hedras e lixo que dificilmente pode cumprir cun mínimo de salubridade.

WhatsApp Image 2017-12-14 at 16.30.33(1)

 

O BNG de Outes reclama ao concello que arranxe os camiños gandeiros de Valadares