OUTES TEN UN GRAN POTENCIAL DE PERIGO CO GAS RADON
O BNG de Outes pon o ollo sobre o perigo do gas Radon no noso concello
O gas Radon é un elemento químico de alto risco para a saúde humana. O radon é a maior fonte de exposición humana á radioactividade natural e que adoita entrar con facilidade nas edificacións e vivendas.
O gas Radon é un elemento químico de alto risco para a saúde humana. O radon é a maior fonte de exposición humana á radioactividade natural e que adoita entrar con facilidade nas edificacións e vivendas.
Na lexislación española só as Normas do Hábitat establecidas no 2007 polo BNG no goberno da Xunta facían referencia directa ao radon e á necesidade de illamento nas construcións como medida preventiva. Lamentabelmente esta norma foi derrogada por Feijoo sen ningunha medida alternativa.
O BNG municipal ven de presentar no concello unha iniciativa na que insta ao goberno local a esixirlle a consellería de sanidade que se poña mans a obra e elabore un plan de actuación e prevención contra o gas Radon así como comezar unha campaña informativa para a veciñanza.
Dende o noso grupo consideramos que este é un grave perigo de saúde publica que concirne a todo o país, pero en especial ao noso concello téndose rexistrado os niveis mais altos da nosa comarca.
Tamén colle destacar que o director do centro de Saúde de Outes ven de conceder unha entrevista na que fala da relación deste gas coas numerosas incidencias de cancro de pulmón no municipio.
A veciñanza sempre soubo desta problemática pero nunca tivo a man a información precisa para coñecer realmente a gravidade deste problema, polo que é preciso e canto antes que a nosa iniciativa se tome en conta.