O BNG de Outes denuncia, cun acto simbólico de limpeza no Albán, o abandono do concello por parte do goberno local

6
Imaxe onde se pode apreciar o abandono de ditas escaleiras, cortesía de Nando Vila ©

O BNG de Outes ven de facer un acto simbólico de limpeza na zona do Alban para denunciar o estado de abandono completo no que se atopa o noso concello.

O BNG de Outes denuncia, cun acto simbólico de limpeza no Albán, o abandono do concello por parte do goberno local

O BNG de Outes ven de facer un acto simbólico de limpeza na zona do Alban para denunciar o estado de abandono no que se atopa o noso concello.

 

Este acto simbólico consistiu en limpar parcialmente as escaleiras de madeira do paseo do Alban. Unhas escaleiras que se atopan nun estado inaceptábel, onde antes deste mesmo acto era imposíbel rematar de subilas xa que as silvas e as herbas impedían o seu paso. Ditas escaleiras están tan descoidadas que a súa estrutura está en perigo e en calquera momento poderían rematar por desmoronarse. Lembramos que non só son as escaleiras, se non que todo o paseo e a zona recreativa do Alban se atopan nun estado lamentábel, con herbas de máis de medio metro obstruíndo o mobiliario público, barandas que caeron polos barrancos e rematando na praia da Sarnela que a día de hoxe está chea de lixo e dende hai xa moitos anos ocupada por un barco en estado de descomposición avanzado.

 

O BNG de Outes comeza con este acto unha campaña masiva de denuncia contra o abandono do noso concello, vimos de recorrer todo o municipio documentando o mais de 40 lugares diferentes que precisan de actuación urxente. Este luns presentaremos un escrito no concello para esixir unha actuación urxente na zona do Alban e para que unha vez arranxado e limpo se poña en valor dito espazo público que é un tesouro de todos e todas as nosas veciñas.

O BNG de Outes denuncia, cun acto simbólico de limpeza no Albán, o abandono do concello por parte do goberno local