O BNG DE OUTES SOLICITA AO CONCELLO QUE REALICE OS TRÁMITES PRECISOS PARA QUE O HOTEL SE MANTEÑA EN AXEITADAS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE, SALUBRIDADE E ORNATO PÚBLICO.

O BNG de Outes solicita ao concello que actúe ante o estado de abandono que presenta o hotel de broña

2da0a31a-f653-49f0-a574-75568adb2fd8
O hotel atópase a apenas 50 metros da praia de Broña, principal motor turístico do noso concello.

O BNG de Outes solicita ao concello que realice os trámites precisos para que o hotel se manteña en axeitadas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

O BNG de Outes solicita ao concello que actúe ante o estado de abandono que presenta o hotel de broña

A Asemblea Local do BNG de Outes, vén de solicitar ao Concello, á vista do estado no que se atopa o inmoble e instalacións do antigo hotel sito na praia de Broña, a incoación do correspondente expediente do deber de conservación dirixido á propiedade, ditando a oportuna orde de execución a fin de que o mesmo se manteña en axeitadas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

 

A Lei do Solo de Galicia e o seu Regulamento, establecen que é deber dos propietarios conservar os inmobles nas condicións legais que sirvan de soporte aos usos que no seu día tiveron, ao amparo da licenza urbanística concedida, e en todo caso, nas condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente esixibles.

 

Tamén o Tribunal Supremo, a través da súa xurisprudencia tense manifestado sobre o particular, afirmando que, no ámbito urbanístico, a Administración está facultada para intervir na actividade dos administrados non só na fase de construción dos edificios, senón tamén ao longo do tempo, coa finalidade de garantir a súa permanencia en boas condicións, formando parte do contido real do dereito de propiedade o deber de manter os edificios en condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

 

Lembrámoslle á señora Alcaldesa que gobernar non só significa repoñer os puntos de luz fundidos, ou reparar as fochancas nas rúas e os camiños do termo municipal, senón que tamén, a vixilancia do deber de conservación de inmobles e instalacións constitúe unha manifestación propia do poder de policía urbanística e no caso de incumprimento pódese impor a súa execución, coma neste caso demandamos desde o BNG.

 

Temos que ter en conta que dita edificación se atopa nunha zona estratéxica do lugar máis turístico do noso concello. A imaxe da praia de Broña, que xa conta con certo abandono por parte do noso concello, vese gravemente prexudicada por mor deste hotel que está nun estado ruinoso e vergoñento. Non é máis que outro exemplo que amosa o abandono do noso concello por parte da alcaldía e a despreocupación total polo mesmo.

 

A imaxe que da o noso concello a día de hoxe deixa moito que desexar e isto repercute directamente na actividade económica do municipio. Outes precisa de xeito urxente que o concello tome acción e se ocupe, canto menos, de manter a dignidade do noso municipio.

 

En Outes, a 31 de Marzo de 2017

O BNG de Outes solicita ao concello que actúe ante o estado de abandono que presenta o hotel de broña