ANTE O FUTURO PECHE DA OFICINA DO REXISTRO DA PROPIEDADE DE MUROS OS NOSOS VECIÑOS PASARÍAN A DEPENDER AUTOMÁTICAMENTE DA OFICINA DE CORCUBIÓN. ANTE ESTA SITUACIÓN, O BNG PROPÓN QUE A NOSA VECIÑANZA PASE A DEPENDER DO REXISTRO DE NOIA POLA SÚ

O BNG de Outes solicita ao goberno local que o noso concello pase a depender do rexistro da propiedade de Noia

noiacorcubionoutes
noiacorcubionoutes

Ante o futuro peche da oficina do rexistro da propiedade de Muros os nosos veciños pasarían a depender automáticamente da oficina de Corcubión. Ante esta situación, o BNG propón que a nosa veciñanza pase a depender do rexistro de Noia pola súa proximidade.

O BNG de Outes solicita ao goberno local que o noso concello pase a depender do rexistro da propiedade de Noia

Ante a entrada en vigor do Real Decreto 195/2017, do 3 de marzo, que modifica a demarcación das Oficinas dos Rexistros da Propiedade, Mercantís e de Bens Móbeis, en virtude do cal a Oficina do Rexistro da Propiedade de Muros pasa a integrarse na de Corcubión, actuando esta última coma principal, e ante o convencemento de que a de Muros (á que estamos adscritos todos os veciños e veciñas de Outes) acabará por ir perdendo unha serie de competencias o que obrigará a empresas e particulares do noso termo municipal a desprazarse a Corcubión, vimos de solicitarlle ao Goberno Local o comezo do expediente administrativo que conduza a adscrición de Outes á Oficina do Rexistro da Propiedade de Noia.

A maiores deste convencemento que manifestamos acerca dos efectos que producirá a entrada en vigor do citado Real Decreto, móvemos tamén, o contemplar o Mapa de Comarcalización de Galiza, que coma se saberá incluíu a Outes na denominada Comarca de Noia, xunto aos concellos de Porto do Son, Lousame a propia Noia. Dito Plan ten coma obxectivos, entre outros, o da utilización racional dos recursos existentes mediante a coordinación das diferentes administracións implicadas para favorecer un acaído desenvolvemento local, cuestión que se materializaría coa proposta que vimos de realizar.

O BNG de Outes solicita ao goberno local que o noso concello pase a depender do rexistro da propiedade de Noia