O BNG propón a regulación do tráfico na Pontenafonso

DSC_0099
Pontenafonso

O BNG dos concellos de Outes e Noia ven de presentar nos seus respectivos concellos, unha solicitude para que se regule o tráfico na histórica ponte que une os dous municipios.

O BNG propón a regulación do tráfico na Pontenafonso

A estrada AC-196 Outes (AC550) – Ponte Nafonso, pertencente á rede de estradas de titularidade autonómica galega, atravesa unha das xoias do patrimonio da nosa Comarca, a Ponte Nafonso, que une os concellos de Outes e Noia. Dita ponte, incluida no Catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio e que conta cun grao de protección integral (Nivel 1), é obxecto de importantes eivas en canto a seguridade tanto para os vehículos que circulan polos seus apenas 5 metros de ancho, así como para os peóns. Dada a patente existencia destas eivas, denunciadas pola veciñanza da zona e das cales facemos eco, así como o feito de atoparnos ante unha ponte de indubidable valor, o BNG de Outes presentou unha solicitude ao concello instando a que se lle dea traslado á Consellería de Infraestruturas e Vivenda a necesidade de establecer os elementos precisos para a redución do tráfico e da velocidade na estrada AC-196 ao seu paso pola Ponte Nafonso. Pola súa banda, o BNG de Noia levará unha moción ao seu próximo pleno no mesmo senso.

O BNG propón a regulación do tráfico na Pontenafonso