O BNG DE OUTES VEN DE SOLICITAR QUE O CONCELLO ADAPTE O PXOM Á NOVA LEI DE SOLO PARA QUE O NOSO MUNICIPIO VOLTE A CONTAR CON SOLO INDUSTRIAL.

O BNG solicita ao concello que adapte o PXOM á nova lei de solo

gallery_Casa_Concello
Casa do concello de Outes

O BNG de Outes ven de solicitar que o concello adapte o PXOM á nova lei de solo para que o noso municipio volte a contar con solo industrial.

O BNG solicita ao concello que adapte o PXOM á nova lei de solo

O BNG de Outes presentou este Martes 23 de Maio, un escrito ao concello para que adapte o plan xeral de ordenación municipal á nova lei. Isto obrigaría ao goberno de Outes a delimitar un solo industrial do cal o noso concello carece a día de hoxe. Un solo industrial que o noso concello perdeu unha vez o PXOM foi impugnado e en ningún mandato o goberno decidiu mover un dedo para arranxar dita situación.

 

O solo industrial é unha demanda que o BNG de Outes leva anos esixindo ao goberno local xa que é unha necesidade urxente para o desenvolvemento normal da actividade económica do noso concello. A carencia de solo industrial en Outes provoca que diversas empresas locais e de fora teñan que buscar o seu lugar noutro sitio xa que en Outes élles imposíbel acomodarse como actividade industrial.

 

Se o goberno de verdade quixera que a situación económica e social de Outes mellorase xa tería resolto este problema hai anos, pero unha vez máis demostra a súa incompetencia ante os problemas mais sinxelos e urxentes. Por iso pedimos que se adapte o PXOM á nova lei para que, dunha vez por todas, Outes volte a ter solo industrial.

 

En Outes, a 23 de Maio do 2017

O BNG solicita ao concello que adapte o PXOM á nova lei de solo