Non ao peche do Emilio de Navasqües!
O BNG de Outes reúnese coa ANPA do centro para informarse sobre a situación e coordinarse en actos para reivindicar que se manteña aberto o centro educativo.
A día do 22 de Xuño, un día antes da clausura oficial de curso, faiselle saber de xeito sorpresa á corporación do centro o seu inminente peche. Un peche que non estaba previsto para este ano xa que o colexio seguía a medrar, incorporándose, no novo curso,12 novos rapaces aos seus xa 72 alumnos.
Un peche de última hora que non segue as formas a tomar e que o único que pretende e seguir recortando en dereitos básicos e rematar co rural. Preguntámonos pois como é posíbel que unha vez o centro tiña conseguido unha mellora prevista para o próximo ano, unha vez o centro tiña aumentado recentemente nunha mestra a súa plantilla docente, unha vez que os rapaces e rapazas xa tiñan a pre-matricula para o vindeiro curso, como é posíbel que pechen o CEIP a última hora? Pois ben, esta acción deixanos ver que foi algo premeditado, o goberno non quixo dialogar coas familias para chegar a ningún acordo e deixou caer a noticia no último momento para que non dese tempo a protestar e a que o centro se puidese organizar en contra.
Dende o BNG reiteramos o noso apoio á comunidade educativa do centro Emilio de Navasqües e posicionámonos en contra do peche do CEIP. Estaremos en todo momento ao carón das familias afectadas apoiando a súa causa, tanto no ámbito local coma no nacional. Tamén aprobeitamos para convidar a toda a cidadanía a participar na concentración que terá lugar mañá ás 12 horas da mañá no propio CEIP.