Olalla Rodil reúnese coa ANPA do Emilio de Navasqüés
Olalla Rodil reuniuse coa ANPA do CEIP Emilio de Navasqüés, o colexio de Outes afectado polos peches do PP.
Olalla Rodil, deputada e encargada de educación do grupo parlamentar do BNG, ven de reunirse coa ANPA do CEIP Emilio de Navasqüés.
Olalla comunicoulles a posición en contra do peche do centro que mantén o BNG e tendeulles a man para a colaboración neste senso. Ademáis informou do traballo que está a realizar o grupo parlamentar e que esixirá á Xunta que se manteña o CEIP aberto. O peche do Emilio de Navasqüés non é máis que outro exemplo da vontade que ten o PP de rematar co rural do noso país e recortar en dereitos básicos como o é a educación, masificando deste xeito as aulas.
A ANPA informou á deputada de todo o traballo que están a realizar as familias afectadas para evitar o peche do seu centro así como informou todo o proceso que viviron durante esta semana tan cargada.
Dende a ANPA e o BNG tamén queremos aproveitar para facer un chamamento a que a cidadanía participe na manifestación convocada para mañá ás 11:00 en fronte da consellería de educación.