O BNG denuncia o abandono no parque e escola infantil da Moa (Freixo)
O BNG ven de presentar no concello unha petición para que o goberno local actúe para arranxar a situación.
19 xuño 2018 - 19:31
Os veciños seguen facéndonos chegar imaxes dos lugares abandonados que hai no noso concello. Hoxe denunciamos a situación desastrosa e inaceptábel na que se atopa o parque infantil e escola da Moa, no Freixo. A escola está rodeada de herbas de máis de metro e medio mentres que o parque atópase nunha situación na que sería difícil concebir un posíbel uso. O bambán está destrozado e o acolchado do chan moi danado, ao mesmo tempo, as herbas invadeno todo.
Deixámosvos unha escolma de imaxes: