UNHA DELEGACIÓN DO BNG DE OUTES ASISTE ÁS XORNADAS ORGANIZADAS POLO BNG
O BNG de Outes asiste ao parlamento aberto en defensa das rías saneadas e produtivas
Unha delegación do BNG de Outes asiste ás xornadas de información sobre o saneamento das rías e o traballo no sector.
Este sábado 27, unha delegación do BNG de Outes asistiu ás xornadas informativas nas que se expuso a situación actual das rías galegas e a necesidade de actuar para mellorar a situación das mesmas.
Dende o BNG defendemos a necesidade de levar a cabo todas as actuacións precisas para sanear as rías por completo e mellorar a calidade das augas.
Na xornada interviron:
-Joam Luis Ferreiro Caramés "Césio" (A contaminación e necesidade de saneamento nas rías, Biólogo da confraría de Ballobre)
-Carme da Silva (A loita contra ENCE-ELNOSA, Tenente de alcaldesa do concello de Pontevedra)
-Mª Ángeles Longa Portabales (Miticultura galega, Directora do departamento de I+D do Consello Regulador do Mexillón da Galiza)
-María Xosé Cacabelos (Mariscadora e presidenta da Asociación de Mulleres do Mar Guimatur)
-Miguel Iglesias Romero (Pesca artesanal, Patrón Maior de Rianxo)
O BNG de Outes tomou nota da información aportada e desenvolverá propostas relacionadas co sector así coma encabezará denuncias se for necesario.