O BNG de Outes organiza unha mesa redonda sobre o aproveitamento forestal no concello
O BNG de Outes organiza para este venres, 1 de marzo, unha mesa redonda sobre o aproveitamento forestal no concello. O acto terá lugar ás 20:30 no apartado da Casa Amanda e contará coa presenza de persoas expertas no ámbito e que aportarán diferentes puntos de vista.

Intervirán:
-María Xosé Suárez — Candidata á alcaldía
-Mini Rivas — Deputado no parlamento galego
-Ovidio Queiruga — Presidente da Com. De montes de Baroña
-Xose Alfredo Pereira — Org. Galega de Com. de Montes
-Álvaro Dosil — Vicepresidente de SOMOSCuns
-Teodoro Rey — Membro da cooperativa Tres Fuciños
Dende o BNG de Outes cremos que este é un acto moi importante e interesante para toda a veciñanza do noso concello. Outes é un municipio que conta cun gran pasado no aproveitamento forestal e que a día de hoxe ten inmensos bosques sen aproveitar ou invadidos polo eucalipto.
María Xosé declarou que “unha das nosas metas principais é conseguir que o monte do noso concello estea coidado e xere riqueza para toda a veciñanza dun xeito sostíbel, ecolóxico e responsábel coas variedades autóctonas.” tamén quixo facer fincapé na necesidade de “apostar polo noso concello, temos un potencial enorme que só está agardando por un goberno competente e con ganas de traballar”.
Cartel do acto: