O BNG de Outes pregunta ao goberno a razón pola que non se puxo en marcha a vivenda comunitaria para maiores

centro-tecniagal-exterior

O centro de día de Outes foi inaugurado no 2007. Naquel ano o goberno fixo pública a intención de destinar a segunda e terceira planta do mesmo para desenvolver unha vivenda comunitaria.

O BNG de Outes pregunta ao goberno a razón pola que non se puxo en marcha a vivenda comunitaria para maiores

O centro de día de Outes foi inaugurado no 2007. Naquel ano o goberno fixo pública a intención de destinar a segunda e terceira planta do mesmo para desenvolver unha vivenda comunitaria na que poderían habitar a tempo completo entre 12 e 24 persoas maiores.

Pasaron máis de 10 anos e o centro de día aínda non conta con dito servizo, un servizo que creemos dende o BNG moi importante e necesario para a cidadanía do noso municipio debido ao alto avellentamento co que contamos.

Por esta razón o BNG de Outes ven de presentar no rexistro municipal unha solicitude para que o goberno local nos explique a razón pola que este proxecto non se levou a cabo e se ten intención de retomalo. Unha vez recibida resposta o BNG realizará as accións que considere, se foran precisas, para promover o seu desenvolvemento.

O BNG ten moi claro que os servizos sociais son o máis importante para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Sabemos da dura realidade de moitas persoas de avanzada idade que a día de hoxe viven sós no noso municipio e creemos urxente dar unha oferta social de calidade.

O BNG de Outes pregunta ao goberno a razón pola que non se puxo en marcha a vivenda comunitaria para maiores