O BNG de Outes solicita arranxos urxentes na zona da Capela e Bosque

WhatsApp Image 2018-04-04 at 15.37.23(1)

A asemblea local do BNG de Outes ven de presentar no concello unha solicitude para que o goberno tome acción e arranxe a desastrosa situación na que se atopan as rúas da Capela e a zona do Bosque.

O BNG de Outes solicita arranxos urxentes na zona da Capela e Bosque

A asemblea local do BNG de Outes ven de presentar no concello unha solicitude para que o goberno tome acción e arranxe a desastrosa situación na que se atopan as rúas da Capela e a zona do Bosque.

Trátase dunha das zonas máis transitadas de todo o municipio e que dende fai anos precisa de melloras notábeis na estrada e beirarrúas. Na rúa da capela podemos ver como a estrada está estragada por todas partes e a beirarrúa conta con varias baldosas soltas e rotas así como furados e demais obstáculos. Os contedores do lixo tamén andan soltos ou enriba da beirarrúa, como en moitas partes do municipio, xa que as barras que os aguantaban fai tempo que xa non están.

É importante mencionar que preto do centro de saúde podemos ver varios furados na beirarrúa que poden supor un perigo para a cidadanía. Por último destacar a situación dunha finca onde se almacenan diversas propiedades do concello que se atopa en completo abandono.

Os veciños levan moitos anos queixándose da penosa situación pero o goberno local segue sen facer nada. Dende o BNG pedimos solucións canto antes para arranxar unha situación que xa leva demasiado tempo prolongándose.

WhatsApp Image 2018-04-04 at 15.37.20(2)WhatsApp Image 2018-04-04 at 15.37.17(2)WhatsApp Image 2018-04-04 at 15.37.16WhatsApp Image 2018-04-04 at 15.37.17WhatsApp Image 2018-04-04 at 15.37.17(1)

O BNG de Outes solicita arranxos urxentes na zona da Capela e Bosque