Cheo total na mesa redonda sobre aproveitamento forestal
O BNG de Outes celebrou o pasado venres, 1 de marzo, unha mesa redonda sobre o aproveitamento forestal que contou con gran concurrencia.
O BNG de Outes celebrou o pasado venres, 1 de marzo, unha mesa redonda sobre o aproveitamento forestal que contou con gran concurrencia.
Na charla interviron:
-María Xosé Suárez — Candidata á alcaldía
-Mini Rivas — Deputado no parlamento galego
-Ovidio Queiruga — Presidente da Com. De montes de Baroña
-Xose Alfredo Pereira — Org. Galega de Com. de Montes
-Álvaro Dosil — Vicepresidente de SOMOSCuns
-Teodoro Rey — Membro da cooperativa Tres Fuciños
Nas intervencións falouse da importancia de desenvolver proxectos comúns que poñan en funcionamento o monte. Temos claro que de por sí é unha auténtica riqueza que debemos traballar para que a veciñanza poida traballar as súas propiedades de forma sostíbel e rentábel.