O goberno de Outes incumpre o aprobado en pleno e desatende as demandas das empregadas da piscina municipal

visitapiscina
Imaxe da visita do BNG de Outes ás traballadoras e ás instalacións da piscina municipal.

O goberno de Outes incumpre o aprobado en pleno e desatende as demandas das empregadas da piscina municipal

O goberno de Outes incumpre o aprobado en pleno e desatende as demandas das empregadas da piscina municipal

No último pleno do mes de agosto o BNG presentou unha moción ao respecto da Piscina Municipal, solicitábanse tres melloras:

  • Ampliación do horario para que a piscina non pechara ao mediodía (entre ás 13:00 e ás 17:00).

  • Contratación dun monitor de sala.

  • Apertura do ximnasio no mes de agosto, aínda que a piscina pechara polos labores de mantemento obrigatorios

Esta moción foi aprobada, contando tamén cos votos de Compromiso por Outes.

Pero polo mes de novembro comezou un ruxe ruxe polo concello sobre un novo horario para a piscina a partir deste ano que comeza. Dicíase que a piscina ía abrir tamén os sábados pola tarde e os domingos pola mañan.

O sorprendente é que a propostas de horarios que lles fixeron chegar ás traballadoras e traballadores da piscina, non aparece a apertura ao medio día, senón unha cambio de horas que implica abrir unha hora antes ao mediodía e pechar unha hora antes pola noite entre semana. E claro, abrindo tamén sábado e domingo, as contas das horas co persoal actual non dán.

En decembro contrátase un novo socorrista-recepcionista, e aínda así o axuste de horarios non coincide.

Gustaríanos saber a que tipo de demanda dos usuarios/as están atendendo xa que non corresponde nin co que aprobamos en pleno nin co que os usuarios demandaron no seu momento cunha recollida de sinaturas. Tamén destacar que consideramos inaceptable que os empregados tiveran que enterarse polos comentarios da veciñanza en vez de con unha reunión co concelleiro de deportes e/ou co alcalde das modificacións dos seus horarios laborais.

O BNG quere denunciar a opacidade coa que se está levando a cabo esta modificación dos horarios laborais dos empregados da piscina municipal e o incumprimento da moción que se aprobou en pleno a finais de agosto do ano 2019, na que se comprometeron a non pechar a piscina a primeira hora da tarde e a realizar unha enquisa que non se fixo.

Propoñemos una xornada continua en horario semanal, de luns a sábado, que permita aos traballadores e traballadoras rotar turnos de mañán ou de tarde e non abrir os domingos.

Aproveitamos para recordarlles que a bomba de calor leva sen funcionar desde xullo e os defectos e pingueiras que se atopan por todo o edificio. Fai tanto frío que pouco vai importar abrir máis horas se a xente deixa de ir pola situación na que se atopan as instalacións.

Estamos sorprendidos e disgustados coa actitude do goberno do concello, agardábamos que Compromiso Outes tivera unha actitude máis dialogante, tal e como prometera durante a campaña electoral, pero vemos que non respectan nin as propostas que eles mesmos votan.

Por último queremos subliñar que o BNG apoia e apoiará sempre as reivindicacións lexítimas dos traballadores e traballadoras municipais e que todas as medidas que se fagan para mellorar os servizos debense falar, longo e tendido, cos empregados aos que os cambios poidan atinxir.

deteriorofiltracionspingueiraspingueiras2

O goberno de Outes incumpre o aprobado en pleno e desatende as demandas das empregadas da piscina municipal