[VÍDEO] Candidatura do BNG de Outes de cara ás municipais do 2019

Captura de Tela 2019-03-29 às 16.14.31

Dende o BNG de Outes facemos pública a nosa lista de cara as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. Unha lista ampla e cargada de xente traballadora e involucrada no desenvolvemento noso concello.

[VÍDEO] Candidatura do BNG de Outes de cara ás municipais do 2019

 

Dende o BNG de Outes facemos pública a nosa lista de cara as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. Unha lista ampla e cargada de xente traballadora e involucrada no desenvolvemento noso concello.

A candidatura, que xa fora presentada no acto político, mais multitudinario dos últimos anos no noso concello, o pasado 25 de Outubro, publica, deste xeito, o total visíbel dun proxecto que aglutina a moitas mais persoas. “Levamos meses recibindo moitas mensaxes de apoio e sentindo unha onda de simpatía coa nosa candidatura. O BNG está mais forte ca nunca e nestas eleccións imos a por todas” apunta o responsábel local e número 2, Anxo Núñez Fernández. “Somos unha candidatura que aglomera a xente de moi dispares ámbitos e idades. Todos temos algo en común, as ganas de darlle a Outes un goberno que se merece: aberto, con iniciativa e traballador” “A nosa candidatura está completamente preparada e conta co traballo de todos estes anos para asumir todos os retos que veñen e estamos dispostos a dalo todo.” sostén María Xosé Suárez Castro, candidata á alcaldía. 

A lista conta cun total de 17 integrantes e cunha mestura de aire novo e experiencia que fan que sexa un proxecto serio á par que ilusionante para Outes. O BNG non se para no personalismo e ofrece un equipo traballador e cohesionado que o dará todo, e máis, para que o vindeiro 26 de maio Outes abra un tempo novo.

[VÍDEO] Candidatura do BNG de Outes de cara ás municipais do 2019