Xuntanza con comercio e autónomos

cartaz_comercio_xuntanza

O BNG de Outes xuntouse o pasado venres 25 co comercio e autónomos do noso concello para expoñer o seu programa e recoller os problemas específicos do sector.

Xuntanza con comercio e autónomos

O pasado venres, 25 de xaneiro, xuntámonos co comercio e autónomos do noso concello para expoñer o seu programa e recoller os problemas específicos do sector.

Na xuntanza trataronse diversos temas que afectan ao sector e á situación xeral do municipio. Un dos mais preocupantes é o constante descenso demográfico que merma anualmente as posibilidades de desenvolvemento económico e xeración de emprego en Outes. Expusemos que é primordial desenvolver un plan de acción contra a sangría demográfica para tentar reverter a situación. Do mesmo xeito tamén se expuso que, dende a nosa formación creemos que é primordial tamén poñer a Outes no mapa. Precisamos ser un concello visíbel e que a nosa veciñanza sexa consciente da súa identidade para poder promocionar e por en valor o comercio e os produtos locais.

Dende o BNG tamén resaltamos que é moi importante a posta en funcionamento dun ADL que informe e se manteña en contacto continúo co tecido económico local e que axude ao seu correcto desenvolvemento e progreso.

Sabemos que son tempos difíciles e por iso, mais ca nunca, comprometémonos a estar ao carón do sector e apoialo sempre que sexa preciso.

Xuntanza con comercio e autónomos