Xuntanza cos clubs deportivos

cartaz_xuntanza_deporte

O BNG de Outes mantivo unha xuntanza aberta cos clubs deportivos para expoñer o seu proxecto para o concello e tamén para recoller as súas demandas e preocupacións.

Xuntanza cos clubs deportivos

O pasado venres, 1 de febreiro, xuntámonos cos clubs de deporte do noso concello para expoñer o noso programa e recoller os problemas específicos do sector.

Na xuntanza trataronse diversos temas que afectan ás entidades deportivas e á situación xeral do municipio. Un dos problemas principais que manifestaron os representantes dos clubs foi a necesidade imperiosa de elaborar un calendario local de actividades para organizar os eventos e campionatos deportivos que teñen lugar no noso territorio. Expusemos que dende o BNG creemos e queremos que o goberno local debe manterse en constante contacto coas entidades deportivas que ofrecen un servizo social importantísimo para a cidadanía do noso concello. Creemos que o concello debe ter moito mais interese en apoiar e impulsar actividades e eventos que fagan que Outes teña mais visibilidade no panorama deportivo e que tamén axudarían ao desenvolvemento económico local.

Tamén lembramos a importancia e urxencia que temos de anovar alá onde os hai e dotar de equipamento deportivo de calidade así como arranxar as deficiencias que presentan as diversas instalacións destinadas a este uso no noso municipio.

Xuntanza cos clubs deportivos