Participamos na folga de mulleres
O BNG de Outes participa na folga de mulleres e nas mobilizacións do 8M.
O BNG de Outes participa na folga de mulleres e nas mobilizacións do 8M.
A nosa candidata á alcaldía, María Xosé Suárez Blanco, fai un chamamento ás mulleres do concello a participar na folga de mulleres do 8M.
O BNG de Outes celebrou o pasado venres, 1 de marzo, unha mesa redonda sobre o aproveitamento forestal que contou con gran concurrencia.
O BNG de Outes organiza para este venres, 1 de marzo, unha mesa redonda sobre o aproveitamento forestal no concello. O acto terá lugar ás 20:30 no apartado da Casa Amanda e contará coa presenza de persoas expertas no ámbito e que aportarán diferentes puntos de vista.
Marismas, xunqueiras, humedais, mareas...nomes diferentes para definir aquelas zonas que se forman, ás veces, nas desembocaduras dos ríos na ría, que se compoñen de pradarías dominadas basicamente por xuncos e con fondos fangosos. En Outes tamén temos, chamámoslle a esa zona “a marea”, e a nosa “marea” esténdese desde o Conchido ata a Ponte Nafonso, facéndose especialmente frondosa a xunqueira na zona do Conchido, en Espiñeiro e na Ponte; tamén hai polo lado de San Cosme, neste lado chámanlle “lameán”.
O pasado domingo, 10 de febreiro, acudimos a compostela para participar na manifestación masiva en apoio á sanidade pública.
O BNG de Outes mantivo unha xuntanza aberta cos clubs deportivos para expoñer o seu proxecto para o concello e tamén para recoller as súas demandas e preocupacións.
O BNG de Outes xuntouse o pasado venres 25 co comercio e autónomos do noso concello para expoñer o seu programa e recoller os problemas específicos do sector.
O BNG de Outes xuntouse o pasado luns, 21 de xaneiro, para falar co sector de hostalaría e turismo dos problemas que o atinxen no noso concello así coma das nosas propostas, coma formación política, para mellorar a súa situación.
Queremos un concello que teña un saneamento das augas en condicións.